Friday 10 de May de 2024

Seis parroquias de Riveira acollerán trece novos cursos de informática e novas tecnoloxías durante os meses de maio e xuño


Despois de que a semana pasada tivera lugar o acto de clausura dos cursos de informática do primeiro trimestre, un total de seis parroquias do concello de Riveira van dar cabida dende o 2 maio ata o 23 de xuño a un novo calendario de accións formativas gratuítas para a aprendizaxe de novas tecnoloxías.

Trece serán os cursos desenvolvidos, segundo explicou hoxe a primeira tenente de alcalde e concelleira competente, Fabiola García. Aguiño, Castiñeiras, Oleiros, Olveira, Palmeira e Santa Uxía serán os lugares de celebración, ofertándose un total de 156 prazas (12 por curso).

Tres das accións serán as denominadas “Iníciate na Informática” (dúas en Riveira e unha en Aguiño), seis “Sácalle máis partido ao teu móbil e tablet (dous en Riveira, unha en Aguiño, unha en Olveira e unha en Castiñeiras), dous de Retoque Fotográfico (unha en Oleiros e a outra en Riveira) e dous de DNI electrónico e certificados dixitais (ambas en Santa Uxía de Riveira).

Inscricións
En canto aos prazos de matrícula, dende mañá venres 22 de abril será posible inscribirse online en:
https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/actividades?execution=e1s1

Ademais, dende o luns se poderá anotar tamén de xeito presencial na propia Aula CeMIT en Cubeliños (teléfono 981 876 043).

En ambos supostos a data para anotarse conclúe o 29 de abril.